Paso definitivo para a renovación do tramo urbano do río Cabe

O Alcalde de Monforte asinou o convenio, co Presidente da Deputación e o da Confederación Hidrográfica

•O convenio de colaboración entre Concello, Deputación de Lugo e Confederación Miño-Sil posibilita a realización deste proxecto que ten un investimento total de 4,7 millóns de euros •O prazo de execución das obras estímase en 18 meses

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín; e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, na firma do convenio. GPDL.

Monforte está máis cerca de recuperar un importante tramo fluvial para o uso e disfrute de veciños e visitantes, e para acadar unha imaxe máis completa de cidade planificada e aberta á natureza. O 31 de xullo asinouse na Subdelegación do Goberno en Lugo o convenio de colaboración para a financiación e execución das obras de acondicionamento do cauce e marxes do río Cabe no tramo monfortino dende A Compñía ata o núcleo de Piñeira, así como a formalización da encomenda de xestión para o mantemento e conservación destas obras.

PAPEL BISAGRA DA DEPUTACIÓN NA FINANCIACIÓN DESTE PROXECTO

Dado o elevado custe destas actuacións, que acada os 4,7 millóns de euros, na sinatura do convenio tomaron parte o Concello de Monforte de Lemos, a Deputación Provincial de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, entidade que aporta o 80% do presuposto, cunha achega de 3.760.000 euros. Pola súa banda, a colaboración da Deputación de Lugo, que aportou o 20% do presuposto, resultou fundamental para a financiación destes traballos, xa que permitiu ó Concello de Monforte acceder ós fondos do plan FEDER que fan posible o desenvolvemento das obras, e que son transferidos a través da aportación da Confederación Hidrográfica. O ente provincial achega a este proxecto un total de 940.000 euros, mentres que o Concello farase cargo dos gastos financieiros e outros custes por valor de 300.000 euros. A rehabilitación das marxes do río Cabe no tramo A Pinguela-Piñeira está incluída no programa operativo de financiación con cargos ós Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil deseñou dentro do periodo 2007-2013. O proxecto ten como obxectivo a recuperación ecolóxica e social do río Cabe, garantindo a conservación dos valores medioambientais do cauce e asegurando a súa integración na ordenación municipal.

O proxecto de mellora do tramo do río entre A Compañía e Piñeira dará continuidade ó paseo fluvial monfortino, punto de encontro e disfrute da vida social e festiva da cidade. Arquivo EC.

DIQUES NA MARXE ESQUERDA, E REPOBOACIÓN VEXETAL CON ESPECIES AUTÓCTONAS

O proxecto constructivo integra diversos muros lonxitudinais na marxe esquerda, augas abaixo da rúa Pinguela, e no entorno do núcleo de Piñeira, na zona recreativa e ó longo da estrada de acceso, para previr inundacións. Asimesmo, con estas obras estabilizaranse as ribadas, debilitadas polas crecidas, con muros de contención e coa repoboación vexetal das marxes. Neste aspecto, elliminaranse especies en mal estado ou plantas invasoras, mediante un desbrozado selectivo, que se completará coa plantación de especies autóctonas.

PASARELAS EN DIVERSOS TRAMOS

En canto ás comunicacións entre as dúas ribeiras, o proxecto inclúe tres pasarelas que cruzan o río, deseñadas con materiais que se integran na contorna, e outras tres pequenas pasarelas. A primeira pasarela situarase no entorno do campo de fútbol, detrás dos Escolapios, e posibilitará o paso entre as marxes do cauce do muíño de Aceña Nova. Para salvagardar esta construción da evacuación de auga do canal modificarase unha das comportas existentes. A segunda pasarela instalarase augas arriba do segundo meandro da rúa Pinguela, cun vano principal de máis de 43 metros, e cunha anchura útil de 3 metros. Pola súa banda, a terceira pasarela situarase ó final da rúa Pinguela xunto ó azud do muíño de Cobas, e cun vano principal de 51,4 metros. As tres pasarelas restantes ubicaranse no camiño peatonal da marxe esquerda, cruzando varias canles e regatos. Serán pasarelas de 3 metros de anchura útil, de madeira laminada encolada, formadas por dúas vigas principais unidas entre si por medio de viguetas transversais e lonxitudinais sobre as que se apoia un solado de pino ranurado de 45 mm de espesor e arriostrados metálicos formando cruces de San Andrés. Asimesmo, proxectouse a construcción de escalas de peixes nos azudes dos muíños para reducir o impacto sobre a fauna piscícola. Ademais, limpiaranse as parcelas cercanas ó río que estén descuidadas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O paro baixou un 5,42% no mes de xullo en Lemos e Quiroga

Seguinte Nova

Rematou o II Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2013 coa proba de Escairón

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: