Dende o 3 ata o 11 de agosto, a Praza da Vila foi o escenario das representacións da III Semana de Teatro Cómico Vila de Sarria. Na fin de semana, o grupo Andaravía Teatro, de Vedra, porá en escea o sábado 10 de agosto ás 23 horas a obra “República de Gundián. Un sainete futurista”, recomendada para maiores de 12 anos, e cunha duración de 100 minutos. Xa o domingo día 11, o público infantil terá o seu espazo teatral coa representación, a partir das 18,30 horas, da obra “Os sete magníficos máis un”, a cargo do grupo Dous Pallasos en Apuros. Na sesión da noite, e para maiores de 14 anos, será a compañía Axóuxere Teatro, de Oleiros (A Coruña), a encargada de levar á escea a obra “Asasinato no parque de atraccións. Unha comedia musical”, a partir das 23 horas.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Celebrarase dende o mércores día 6 ata o domingo 10 de xullo e o festival
• Por primeira vez haberá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros , especificamente
O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo
• Fixeron as cinco últimas etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata contándolle aos seus máis de
• Dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia