Un total de 1.764 corredores participaron no conxunto das oito carreiras
O 76,59% dos participantes procedían de fóra das comarcas de Lemos e Quiroga

O II Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares rematou coa proba disputada en Escairón, o pasado 3 de agosto. Os vencedores absolutos do Circuíto foron o lucense José Manuel Teijeiro Vila, do Clube Atletismo Monumental de Lugo, na categoría masculina, e na feminina foi a atleta de Bóveda Luisa González Somoza.

DATOS DE PARTICIPACIÓN
En canto ás probas absolutas, a veterana carreira da Ferreirúa, con 396 corredores, foi a que congregou máis participantes, seguida pola de Monforte, con 380. A proba da Ferreirúa tamén foi líder en participación de corredores de fóra das comarcas de Lemos e Quiroga, cun 86,36% do total dos foráneos, seguida por Quiroga (77,40%) e Sober (76,74%). Asimesmo, dos 333 corredores que se inscribiron no Circuíto, completaron as 8 probas 17 corredores en masculina, e 4 en categoría feminina.
