Rematou o II Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2013 coa proba de Escairón

Un total de 1.764 corredores participaron no conxunto das oito carreiras

O 76,59% dos participantes procedían de fóra das comarcas de Lemos e Quiroga

Saída da proba absoluta na II Carreira Popular Concello de O Saviñao. EC.

O II Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares rematou coa proba disputada en Escairón, o pasado 3 de agosto. Os vencedores absolutos do Circuíto foron o lucense José Manuel Teijeiro Vila, do Clube Atletismo Monumental de Lugo, na categoría masculina, e na feminina foi a atleta de Bóveda Luisa González Somoza.

Luisa González Somoza, de Bóveda, alzouse co primeiro posto do II Circuíto Ribeira Sacra na categoría feminina absoluta. EC.

DATOS DE PARTICIPACIÓN

En canto ás probas absolutas, a veterana carreira da Ferreirúa, con 396 corredores, foi a que congregou máis participantes, seguida pola de Monforte, con 380. A proba da Ferreirúa tamén foi líder en participación de corredores de fóra das comarcas de Lemos e Quiroga, cun 86,36% do total dos foráneos, seguida por Quiroga (77,40%) e Sober (76,74%). Asimesmo, dos 333 corredores que se inscribiron no Circuíto, completaron as 8 probas 17 corredores en masculina, e 4 en categoría feminina.

Os participantes nas categorías menores aínda tiveron tempo de apuntarse media hora antes do comezo da carreira de Escairón. EC.

 

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Paso definitivo para a renovación do tramo urbano do río Cabe

Seguinte Nova

Éxito do VII Campus de Fútbol Cidade de Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: