Xornadas técnicas sobre viticultura en Chantada: Enoturismo e desenvolvemento sostible

SÁBADO 10 AGOSTO, CHANTADA (ADEGAS ESTHER TEIXEIRO, EN A SARIÑA), DE 10,30 A 14,00 HORAS. A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre Enoturismo e Desenvolvemento Sostible que baixo o Epígrafe de Xornadas Técnicas de Viticultura como parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, ten continuidade en Monterrei, A Rúa de Valdeorras e a Pobra do Caramiñal. Estas Xornadas abordarán as produccións como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen. Na xornada de Chantada terán lugar tres meses de debate sobre “Historia do enoturismo: exemplos de alá e acá”, “A épica das adegas da Ribeira Sacra”, e “O valor da terra: ecoloxía, turismo, paisaxe e patrimonio”. As Xornadas contan coa colaboración da Federación Rural Galega, Rede Galega de Empresas e Adega Esther Teijeiro, e están cofinanciadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, FEADER (Europa inviste no Rural) e a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Horario de verán da Biblioteca Municipal de Monforte

Seguinte Nova

O paro baixou un 5,42% no mes de xullo en Lemos e Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: