Bóveda, centro de operacións do Voluntariado Ambiental

Os participantes neste programa da Xunta desenvolverán no verán 200 accións voluntarias na comarca de Lemos en materia de prevención de incendios

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou ós voluntarios do programa desenvolvido en Bóveda, acompañado do alcalde, José Manuel Arias. GPXG.

Bóveda está a acoller o programa de Voluntariado Ambiental organizado pola Xunta de Galicia para o sur lucense, e a través do que se desenvolverán 200 accións voluntarias na comarca de Terra de Lemos en materia de prevención de incendios forestais. A comezos deste mes, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou ós participantes no programa, instalados no viveiro Os Trollos, acompañado do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias. Rodeiro explicou que este programa ten como obxectivo sensibilizar a través da participación cidadá da necesidade de conservar o patrimonio natural, ao tempo que os voluntarios adquiren os criterios e coñecementos básicos sobre prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais. O programa funciona por quendas de cinco días, nos que un grupo de oito voluntarios asistidos por un monitor desenvolven as actividades formativas e de voluntariado. O programa ofrece aloxamento e pensión completa, así como seguro de asistencia e formación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezaron as obras de mellora do saneamento de Eiré

Seguinte Nova

No verán, estradas máis despexadas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: