Comezaron as obras de mellora do saneamento de Eiré

Os traballos estarán rematados a finais de ano

As obras permitirán ó núcleo de O Barrio contar cunha rede de sumidoiros, conectada á depuradora de Eiré. EC.

A finais do pasado mes comezaron as obras de mellora do saneamento na parroquia de Eiré. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destinou a estes traballos un orzamento de 335.074,29 euros, que teñen un prazo de execución previsto de seis meses. Según explicaron dende a Consellería, este proxecto vai permitir conectar a depuradora de Eiré co núcleo de O Barrio, dotando a esta zona, que non dispón de rede de saneamento, dunha rede de sumidoiros. No proxecto prevese a execución dunha rede separativa de augas residuais en O Barrio e a realización dun colector xeral que leve as augas residuais á depuradora. Asimesmo, procederase á reposición da rede de abastecemento.

DETALLES DA OBRA DE SANEAMENTO

A obra permitirá dotar dunha rede de colectores de augas residuais á práctica totalidade do núcleo de O Barrio, empregando para elo tubaxes de PVC. O ramal principal vai dende as inmediacións da igrexa parroquial ata a depuradora existente. Nesta rede inclúense máis de medio cento de pozos de rexistro.

ABASTECEMENTO DE AUGA

Polo que respecta á rede de abastecemento de augas, realizarase a reposición da mesma no propio núcleo de O Barrio, para o que está previsto actuar nun treito de un quilómetro de lonxitude. Asimesmo, levarase a cabo unha rede de pluviais, colocando para este fin máis de 20 sumidoiros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Oficina de Turismo de Pantón rexistrou en xullo un aumento de case o 100% nas visitas

Seguinte Nova

Bóveda, centro de operacións do Voluntariado Ambiental

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio