No verán, estradas máis despexadas

Os meses do verán centran os traballos de roza e rebacheo

•Segue o desbrozado das marxes e a limpeza das cunetas na rede viaria de titularidade provincial

A limpeza da vexetación nas marxes das estradas resulta fundamental para garantir a seguridade viaria e a protección contra os incendios forestais. EC.

Dende que a Deputación de Lugo iniciara os traballos de limpeza das marxes das estradas da rede viaria provincial o pasado mes, xa leva completados no sur de Lugo un 56% destes traballos, con preto de 527 quilómetros de vial acondicionados. Os equipos de Vías e Obras están a traballar en Chantada, Carballedo, O Saviñao, A Pobra do Brollón e Sober, e nos vindeiros días comezarán en Taboada, Bóveda, Monforte e Quiroga.

LOITA CONTRA OS INCENDIOS E AFORRO DE CUSTES

Según explicaron os responsables provinciais, as tarefas de desbroce nas estradas realízanse puntualmente cada ano durante a tempada estival co obxectivo de contribuir á prevención de incendios forestais, así como optimizar os recursos técnicos e aforrar custes que, de realizarse antes dos meses centrais do verán, implicarían a duplicación dos traballos nos meses seguintes.

A rede de estradas dependentes da Deputación de Lugo é a máis extensa de España, e permite as comunicacións na dispersa xeografía dos núcleos poboacionais da nosa provincia. EC.

COOPERACIÓN COS CONCELLOS

Asimesmo, os responsables de Vías e Obras suliñaron que as actuacións de roza son consensuadas cos rexedores municipais, atendendo as súas suxerencias sobre os mellores momentos para realizar os traballos. Por este motivo, o Plan de Roza da rede viaria provincial responde, según precisaron os responsables do plan, á vontade da Deputación lucense de colaborar cos concellos para que as estradas estén limpas nas celebracións das festas dos pobos, ou con motivo doutras situacións que os alcaldes consideren oportunas.

REBACHEO COMPLETADO EN PRETO DE 700 QUILÓMETROS NO SUR DE LUGO

O verán tamén centra as tarefas integradas no Plan de Rebacheo da Deputación, que xa completou melloras no firme das estradas provinciais no sur de Lugo. Nos municipios de Bóveda, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Folgoso de Courel, Sober, Ribas do Sil, Quiroga e O Saviñao xa se completou a revisión do firme, nun total de 667 quilómetros. No concello de Chantada xa comezaron as obras e os de Taboada e Carballedo se sumarán en breve ó Plan. Dende o departamento de Vías e Obras da Deputación estiman que as obras de acondicionamento do firme estean completadas en toda a provincia a finais do mes de agosto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda, centro de operacións do Voluntariado Ambiental

Seguinte Nova

Os comerciantes apostan por Monforte na nova edición da Feira de Mostras

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio