Do 22 ó 27 de agosto, Chantada celebrará as súas Festas Patronais cun programa cheo de actividades. O xoves 22 terán lugar as VI Olimpiadas Rurais no Campo da Feira vello, a partir das sete da tarde. Á noite, o grupo D’Moda será o encargado de amenizar a velada a partir das doce, diante do IES Lama das Quenda.
O venres 22 será o escenario dunha das celebracións máis singulares. Ás cinco da tarde comezará a Carreira de Moto-plásticas e a Baixada de Carrilanas, mentres que ás doce da noite haberá de novo espazo para a música, cun concerto de rock na praza García Arias, coa participación dos grupos Dantebrama, Andrelo Band, Kambotes e Liviao de Marrao.
O sábado 24 de agosto será un día cheo de actividades. Pasarrúas e cabezudos darán a benvida ós festexos da xornada pola mañá, coa actuación da Banda de Gaitas do Concello de Chantada. Xa pola tarde, haberá espazo para o deporte, coa celebración do partido de fútbol entre o Chantada Atlético e o Escairón. Lomarti será o encargado de leer o pregón das Festas de Chantada, e o tradicional Folión de Carros desenvolverase xa na tardiña. A Orquestra Solamerica amenizará a verbena desta xornada.
Música e fútbol centrarán a xornada festiva do domingo 25 de agosto. Cabezudos e pasarrúas abrirán a mañá, para dar paso ó concerto da Banda de Música de Catoira, á unha da tarde. A música seguirá coa celebración, a partir das seis da tarde, do XXII Festival de Bandas de Música na Praza do Cantón, coa participación das Bandas de Música de Catoira, Chantada e Ribadavia. Tamén ás seis da tarde disputarase o Trofeo Concello de Chantada de Fútbol, co partido entre a S.D. Chantada e o Carral. A verbena da noite estará amenizada polas orquestras Olympus e Malassia.
O deporte, a música e os xogos infantís protagonizan as actividades do luns 26 de agosto. Os cabezudos e os pasarrúas iniciarán a xornada festiva, e a Banda de Música de Sober ofrecerá un concerto á unha da tarde. Xa ás cinco,