A Oficina de Turismo de Monforte rexistro 3.256 visitas no mes de agosto

Como ven sendo tradicional, agosto encheu de xente as rúas monfortinas, e moitos visitantes pasaron pola Oficina de Turismo, situado no Centro do Viño, para coñecer e sorprenderse coa oferta turística da Ribeira Sacra. Según informaron dende a Oficina de Turismo, foron 3.256 as persoas que no mes das Patronais se achegaron a facer consultas a este punto informativo. Durante a primeira quincena, acudiron sobre todo persoas con vínculo familiar nesta zona, e que nalgúns días achegáronse de xeito masivo, con días de preto de 200 visitas na mesma xornada. A segunda quincena abundou máis no visitantes foráneo ou estranxeiro, de diversos puntos de España, Europa e incluso América e Australia. O Centro do Viño acolle ademais o Espazo Museístico, que foi visitado por 353 persoas en agosto, cun cómputo de 865 dende o mes de xuño. Pola súa banda, a Viñoteca deste centro vendeu en agosto 2.545 botellas, cun total de 4.000 unidades nos últimos tres meses.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Monforte e Chantada agradeceron á Xunta que incluíra ás Estación de Autobuses no Plan Renove

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra volve a encabezar as clasificacións das mellores adegas de montaña a nivel internacional.

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: