A adega Regina Viarum ven de acadar, por quinto ano consecutivo, o Premio Especial CERVIM como mellor adega de España, que lle foi concedido no Certame Internacional de Viños de Montaña celebrado recentemente na localidade italiana de Sarre. Este galardón, que consolida a Regina Viarum como referencia en viños e adegas de viticultura heroica, outórgase á adega de cada país que consegue as mellores clasificacións en tres viños inscritos en tres categorías diferentes. Nesta edición, concurriron ó Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta un total de 648 viños, procedentes de 10 países, o que supuxo un récord de participación na historia deste certame.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A Xunta vén de declarar a emerxencia cinexética temporal pola presenza e os danos ocasionados polo
O aceite de Quiroga volverá recorrer España -e xa por cuarta vez- coa volta ciclista, La
O Concello de Sober acomete obras de mellora nos Campos de fútbol de Centeás e A
O pasado 9 de agosto clausurouse unha exitosa edición da Mostra Artelemos 2023, que contou coa
No ano 1998 creouse entre a comarca de Sarria e a comuna de Guerlédan, situada na