O Concello de Monforte ten aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais do curso 2013/2014. As modalidades que ofrece para rapaces son fútbol, golf, pádel, porteiros de fútbol, ximnasia rítmica, patinaxe artística e kung fu, mentres que para adultos ofrécense ximnasia de mantemento, ioga, tai chi e iniciación ó baile moderno. As actividades comezarán no mes de outubro e se desenvolverá ata maio, cun custe individual por alumno e escola de 92,70 euros ó ano. Para máis información, os interesados poden acudir á Oficina Municipal de Deportes, situadas nas Casiñas da Compañía, ou chamar ó teléfono 982 875 430, ou consultando a páxina web do concello www.monfortedelemos.es, na sección de Deportes.