Á volta do verán iniciaranse obras menores nas dependencias xudiciais de Chantada, logo de rematar as actuacións nas instalacións de Sarria. A Consellería de Presidencia e Administracións Públicas, e a Vicepresidencia da Xunta veñen de executar obras menores nun total de 17 xulgados galegos, que se completarán no que queda de ano noutros cinco. As melloras consisten na súa maioría en traballos de climatización, reparacións de fachadas, instalación de fiestras e ascensores e outras obras de adaptación, co fin de mellorar o día a día dos traballadores dos xulgados e dos cidadáns que fan uso destes servizos. Estas actuacións dan cumplimento ó establecido no Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha polo Goberno galego, e que inclúe ademais a construcción de edificios xudiciais de nova planta ou obras de rehabilitación.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
• A orden foi decretada polo Alcalde José Tomé Roca, para garantir á seguridade durante os
• Isabel Rodríguez , subdelegada do Goberno en Lugo, considera que se está a “saldar unha
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que o Concello vén de expedir a licencia
• O organismo provincial investiu máis de 133.000 euros nestes traballos, realizados pola empresa Fevisa A
• A licitación do proxecto sae cun coste de 163.398,41 euros, o prazo de presentación de