Acondicionamento nos edificios xudiciais de Sarria e Chantada

Á volta do verán iniciaranse obras menores nas dependencias xudiciais de Chantada, logo de rematar as actuacións nas instalacións de Sarria. A Consellería de Presidencia e Administracións Públicas, e a Vicepresidencia da Xunta veñen de executar obras menores nun total de 17 xulgados galegos, que se completarán no que queda de ano noutros cinco. As melloras consisten na súa maioría en traballos de climatización, reparacións de fachadas, instalación de fiestras e ascensores e outras obras de adaptación, co fin de mellorar o día a día dos traballadores dos xulgados e dos cidadáns que fan uso destes servizos. Estas actuacións dan cumplimento ó establecido no Plan de Infraestruturas Xudiciais posto en marcha polo Goberno galego, e que inclúe ademais a construcción de edificios xudiciais de nova planta ou obras de rehabilitación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 100 rapaces e rapazas participaron nos Campamentos de Verán de Quiroga

Seguinte Nova

Mellora do firme na estrada entre Escairón e Pesqueiras

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: