Axudas provinciais para actividades culturais no sur de Lugo

Á Área de Cultura da Deputación de Lugo, dependente de Vicepresidencia, aprobou as subvencións para actividades culturais desta anualidade. Un total de 12.400 euros para nove concellos do sur lucense destínanse a investimentos culturais. Asimesmo, 8.200 euros irán a 6 concellos desta zona para subvencionar equipamentos culturais. Para gastos correntes eventuais en materia de cultura, a Vicepresidencia provincial destina 4.100 euros a catro municipios do sur de Lugo, e 13.400 euros para gastos correntes anuais en materia de cultura en 12 concellos desta mesma área. Ademais, serán 46 as asociacións do sur lucense que recibirán subvencións para realizar actividades de carácter anual; en concreto, 20 pertencen á comarca de Sarria, 14 á de Lemos, 8 á de Chantada e 4 á de Quiroga.O tecido asociativo do sur de Lugo recibirá do organismo provincial axudas para realizar actividades culturais de carácter eventual; serán 14 as asociacións beneficiadas na comarca de Sarria, 9 na de Lemos, 7 na de Quiroga e 6 na de Chantada.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cada alumno do CEIP de A Pobra do Brollón recibirá do Concello un vale para adquirir material escolar

Seguinte Nova

Cena de ex xogadores do Lemos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio