Ante o peche da oficina que esta empresa mantiña na cidade do Cabe, e que daba servizo a toda a comarca de Lemos, o voceiro socialista no Concello, José Tomé, presentou unha moción ó Pleno rexeitando a eliminación deste servizo, e esixindo a súa reapertura. Asimesmo, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, mantivo unha entrevista cos responsables da Delegación general en Galicia de Gas Natural Fenosa, para solicitar «a inmediata reapertura dunha oficina de atención ós seus clientes». Según o Concello, o responsable de Gas Natural Fenosa expresoulle a Rodríguez a «vontade» desta empresa de reabrir a oficina de Monforte, para o que están a manter contactos con diversas empresas interesadas en funcionar como concesionarias deste servizo.
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante
• Entre eles, o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de
A celebración do 8M ten as súas raíces na loita das mulleres traballadoras do Téxtil de
• As luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en
Tamén programou actividades de contacontos no CEIP Rosalía de Castro, pois o Goberno local pretende así