Cada alumno do CEIP de A Pobra do Brollón recibirá do Concello un vale para adquirir material escolar

Según o acordo acadado a comezos deste mes polo alcalde, Xosé Lois Maceda, e a nova presidenta da ANPA do CEIP de A Pobra do Brollón, todos os alumnos matriculados neste centro recibirán un vale para a adquisición de material escolar, por valor de 30 euros, e que poderá ser canxeado na librería Núñez da capitalidade municipal. Según explicaron os responsables municipais, esta axuda enmárcase nun programa social deseñado para apoiar ás familias con fillos en idade escolar, nunha época de grave crise económica, para paliar as dificultades que supón facer fronte neste mes de setembro ós pagos do comedor escolar, libros e material didáctico. Os responsables municipais adiantaron que esta medida abre futuras vías de colaboración entre a ANPA e o Concello.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria e Chantada terán axudas da Xunta para programas contra o abandono escolar

Seguinte Nova

Axudas provinciais para actividades culturais no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: