Inaugurada a Casa de Hortas como casa-museo Manuel María

Na casa natal do poeta, en Outeiro de Rei

Na inauguración da Casa Museo Manuel María participaron a viúva do poeta e presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi, así como diversas autoridades, como a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Mario Outeiro. GPDPL.

A casa onde transcurriu a nenez do poeta Manuel María en Outeiro de Rei quedou inaugurada, o pasado 7 de setembro, como Casa Museo na honra deste insigne creador das letras galegas. Durante a celebración, na que tomaron parte acompañando á viúva e presidenta da Fundación Manuel María, Saleta Goi, diversas autoridades provinciais e locais, así como representantes do mundo da cultura, quedou de manifesto o obxectivo desta iniciativa para poñer en valor a memoria do poeta e custodiar o seu legado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Todo listo en Chantada para celebrar as Festas Patronais

Seguinte Nova

Novo horario dos paseos en barca de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: