Máis de 100 rapaces e rapazas participaron nos Campamentos de Verán de Quiroga

As piscinas acolleron a Festa de despedida, con xantar incluído

Un nutrido grupo de rapaces e rapazas participou na festa de despedida dos Campamentos de Verán de Quiroga, celebrada o 30 de agosto, na que disfrutaron dunha festa da escuma e dun xantar nas instalacións das piscinas municipais. EC.

Quiroga despediu cun acto festivo ós participantes nos Campamentos de Verán. O pasado 30 de agosto, as piscinas municipais acolleron a Festa da Escuma, na que un bo grupo de rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos disfrutaron desta actividade, e a continuación foron convidados a un xantar de despedida na cafetería destas instalacións de lecer.

CAMPAMENTO TAMÉN PARA OS NENOS VERANEANTES

Os Campamentos de Verán de Quiroga desenvolvéronse dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto, con máis de 100 participantes, contabilizando todos aqueles nenos e nenas que estiveron de xeito permanente os dous meses, e aqueles que se anotaron por periodos máis breves, incluíndo ós rapaces que elixiron Quiroga como lugar para as vacacións estivais. As actividades desenvolvéronse nas piscinas municipais, polideportivo e casa da cultura de Quiroga, según as características da programación.

REPASO DE VERÁN, NOVIDADE DESTE ANO

Xogos, deportes, manualidades, obradoiros diversos, natación e todo tipo de actividades lúdicas integraron a oferta dos Campamentos de Verán de Quiroga, que este ano tiveron como novidade o Repaso de Verán, unha hora diaria de repaso dos contidos académicos adaptados a cada nivel. Todo un éxito que dende o Concello de Quiroga pensan repetir o vindeiro ano.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga, capital da poesía

Seguinte Nova

Acondicionamento nos edificios xudiciais de Sarria e Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio