Mellora do firme na estrada entre Escairón e Pesqueiras

As obras contan cun presuposto de 110. 292 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

A mediados de setembro comezarán as obras de mellora do firme dun tramo da estrada LU-617 que une Escairón e Pesqueiras, no concello de O Saviñao. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruras, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, adxudicou a finais de agosto estes traballos á empresa Ovisa, por un importe de 110.292 euros.

ACTUACIÓNS NOS NÚCLEOS DE MEIRIZ, VILAMOR E VILATÁN

Os traballos realizaranse no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 16+330 e PQ 17+030, que na actualidade presentan importantes deterioros do firme a nivel superficial. Ademais, actuarase nas interseccións da estrada LU-617 ata os núcleos de Meiriz, Vilamor e Vilatán. En total, os traballos abranguerán a mellora dun tramo de máis de 700 metros.

TRABALLOS DE MELLORA

Según informaron os responsables da Consellería, as actuacións contempladas neste proxecto inclúen o fresado da superficie, o estendido de formigón asfáltico e pintura acrílica e a colocación de sinalización tanto horizontal como vertical. A Consellería estima que en dous meses estarán completados estes traballos, que suporán unha mellora na seguridade vial de preto de 4.300 veciños do concello de O Saviñao, ademais de fomentar o desenvolvemento económico e social destes núcleos poboacionais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Acondicionamento nos edificios xudiciais de Sarria e Chantada

Seguinte Nova

Os socialistas reclaman á Xunta que impulse o Porto Seco de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: