Seis campionatos disputáronse dende o 15 de agosto nas instalacións de Pantón
O campo de golf do complexo Oca Augas Santas de Pantón está a funcionar como importante atractivo para os visitantes interesados no turismo deportivo. A segunda metade do mes de agosto, máis de 400 xogadores procedentes de toda España participaron nos seis torneos celebrados nas instalacións de Augas Santas a partir do 15 de agosto, data na que tivo lugar o Open Meliá American Express. Nesta proba, o triunfo foi para o ovetense José A. Gilbert na primeira categoría masculina, mentres que o xogador de A Rúa José Eulogio Blanco gañou na segunda categoría. Pola súa banda, a local Isabel Piñeiro venceu en categoría damas. No Circuíto Senior Turismo de Galicia, celebrado o 16 de agosto, o vencedor foi o xogador local Manuel Vázquez Gómez, seguido por César Varela, de O Saviñao.Eliseo Iglesias, de Chantada, venceu na segunda categoría handicap.
TRIUNFOS DOS XOGADORES LOCAIS NO XIX TROFEO JOYERÍA CAMILO
Pola súa banda, o xoven xogador Manuel Hernández foi o vencedor absoluto do XIX Trofeo Joyería Camilo, disputado o 17 de agosto, mentres que na primeira categoría o triunfo foi para o chantadino Antonio Otero de Soto.
GRAN MOMENTO DOS XOGADORES XUVENÍS
Asimesmo, o Torneo de Golf Princesa Letizia, que se celebrou o día 24, tivo como gañador na primeira categoría para maiores de 21 anos ó monfortino Manuel González Pumar, mentres que na segunda categoría o triunfo foi para o xogador de Pantón Manuel Tesouro González. Na categoría sub-21, que contou con participantes de gran nivel, impúxose o xogador local Pedro Mosquera Feijóo, seguido de Esteban Caramés, unha das promesas da canteira de Augas Santas. Todos eles participarán na final deste circuíto, que terá lugar en Las Caldas (Oviedo) o vindeiro 5 de outubro.
A FINAL DO CIRCUÍTO LOS PRODUTOS DE LUGO SERÁ EN AUGAS SANTAS
Pola súa banda, o I Circuíto Los Productos de Lugo disputou a súa última proba clasificatoria no campo de Augas Santas, coa participación de 35 parellas. Nesta proba, destacaron na modalidade de handicap os sarrianos Miguel Martínez e Jesús Balboa, que acadaron o segundo posto. A final deste circuíto, á que están invitadas as primeiras 25 parellas da modalidade scratch e outras tantas da modalidade handicap, celebrarase no OCA Augas Santas o vindeiro 13 de novembro.