O Concello de Monforte quere baixar o IBI en 2014

Así o comunicou a concelleira de Facenda, Mª Xosé Vega, nunha carta ós veciños na que informaba de que a «importante» suba do IBI nos dous últimos anos debeuse á aplicación «dunha decisión unilateral do Goberno central», e que ningún grupo político da Corporación de Monforte tivo nada que ver directamente na suba deste imposto. Asimesmo, na carta o Goberno local explicaba á veciñanza que a Alcaldía aceptou unha proposta do Psoe para reducir o IBI do vindeiro ano 2014, baixando do 0,60 ata o 0,55, e matizando que esta redución levarase a cabo “sempre que as directrices do Goberno central permitan facer efectiva esta medida».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra volve a encabezar as clasificacións das mellores adegas de montaña a nivel internacional.

Seguinte Nova

BNG e PSOE reclamaron o mantemento dunha oficina de Fenosa en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: