Os de Neka preparan a tempada de taekwondo

Taekwondistas do Gimnasio Neka participaron en agosto nunha exhibición celebrada en Taboada. (Foto cedida).

O Gimnasio Neka está a preparar o regreso á competición, na que a vindeira cita será o Campionato Vila de Moaña, o 21 de setembro, na categoría cadete. Aínda co debido descanso estival, a mediados de agosto os de Neka participaron nunha exhibición deportiva celebrada en Taboada con motivo das Festas Patronais.

A CANTEIRA DO NEKA

A exhibición contou coa participación tamén do alumnado de taekwondo de Taboada, adestrados por Mateo López, destacado membro da canteira do Gimnasio Neka, cinturón negro 2ºDan, e que comanda un prometedor grupo de quince rapaces deste concello.

COMEZO DE CURSO EN NEKA CON NOVAS ACTIVIDADES

Ademais do taekwondo, no Gimnasio Neka están a poñer en marcha novas actividades, como Gymforma e Fitness Gym, xunto coas habituais de Aerobic, Zúmbale, Boxeo e Danza Oriental, ademais dos diversos servizos dispoñibles na sala de musculación e no completo spa.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Monforte

Seguinte Nova

A Cafetería Manhattan despediu o verán cunha pancetada para clientes e amigos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio