Os socialistas reclaman á Xunta que impulse o Porto Seco de Monforte

Ante o próximo final das obras

O deputado socialista no Parlamento de Galicia, o monfortino Vicente Docasar, ven de presentar na Cámara galega unha serie de iniciativas esixindo á Xunta que impulse a plataforma loxística de Monforte, ante o próximo final das obras. Según Docasar, neste momento o Goberno galego «non pode continuar nunha actitude contemplativa, sen definir a estratexia necesaria para impulsar e poñer en valor o investimento realizado no Porto Seco». O socialista monfortino reclamou ó Goberno de Núñez Feijóo que «agora hai que abordar a consecuencia de investidores», e dada a actual situación de crise económica, «é preciso crear un conxunto de incentivos», entre os que propón a cesión de solo a prezo simbólico, aluguer de parcelas con dereito a compra, periodos de carencia longos, e creación dunha unidade aduaneira para simplificar as tramitacións. Asimesmo, Vicente Docasar denunciou que «no momento actual, non se coñece a posición da Xunta, nin se sabe dos posibles contactos con empresas, nin si existe unha plataforma de interlocución estable». Os socialistas reclaman a creación dunha Mesa de impulso da plataforma loxística de Monforte, con participación da Xunta, do Concello e das organizacións sociais e empresariais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mellora do firme na estrada entre Escairón e Pesqueiras

Seguinte Nova

Cena dos Amigos do Morín

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: