Os vales para material escolar do Concello de Monforte poderán facerse efectivos nas librerías ata o 30 de setembro

A Concellería de Benestar Social aprobou 79 das 108 solicitudes presentadas, para as que destina 9.687 euros

Dende o 2 de setembro, a Concellería de Benestar Social de Monforte está a emitir os vales para a adquisición de material escolar para o curso 2013-2014, ós beneficiarios cuxas solicitudes foron aprobadas. Para recoller estes vales, os solicitantes que figuren na lista de admitidos exposta no Concello e nas oficinas dos Servizos Sociais Municipais deberán dirixirse a estas dependencias, situadas na primeira planta do edificio da Praza de Abastos, de luns a venres en horario de nove da mañá a dúas da tarde, e presentarán o documento anexo selado polo colexio. Os beneficiarios terán de prazo ata o 30 de setembro para cambiar os vales por material escolar na librería que escollan.

AXUDAS INDIVIDUAIS, DENDE EDUCACIÓN INFANTIL ATA E.S.O.

Na presente convocatoria, o Concello aprobou 79 das 108 solicitudes presentadas, para as que se destina un orzamento final de 9.687 euros, dos 10.000 euros iniciais desta partida. As axudas van destinadas ó alumnado empadroado e escolarizado en Monforte de Lemos, en Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria. A condición básica para acceder a estas axudas era que a renda per cápita da unidade familiar non excedese da metade da cantidade establecida polo IPREM para o ano 2013, 266,26 euros ó mes, en cómputo anual. O importe máximo da axuda para cada alumno de Educación Infantil é de 100 euros, e para o alumnado de Primaria e Secundaria Obrigatoria é de 120 euros por alumno.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

501 asociacións lucenses recibirán 400.000 euros para a organización de actividades culturais

Seguinte Nova

Música no Camiño enche de sons tradicionais as prazas de Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: