Preto de medio millar de solicitudes para o plan provincial Satelíz@ate

•Este programa pretende acabar coas “zonas de sombra”, levando internet a todo o rural lucense •O programa vai dirixido a veciños, asociacións e PEMES do rural da provincia •Ten como obxectivo mellorar a calidade de vida e fortalecer o tecido empresarial polo acceso ás novas tecnoloxías

Na parroquia de San Martiño de Castro, no municipio de Paradela, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola deputada provincial Sonsoles Izquierdo, e por Carlos López Arias, de Vila Reguenga, comproba o acceso a internet dende este punto. GPDL.

A necesidade de contar con acceso ás novas tecnoloxías na sociedade actual é o motor do plan Satelíz@te, unha iniciativa posta en marcha a comezos deste verán pola Deputación de Lugo, co obxectivo de levar internet de xeito gratuíto e vía satélite a todos os puntos da provincia que aínda están nas chamadas “zonas de sombra”, e non reciben o sinal de cobertura ou esta resulta deficiente.

SERVIZO DE INTERNET REALMENTE OPERATIVO

O plan Satelíz@te, destinado a veciños, asociacións e PEMES do rural lucense, pechou o prazo de solicitudes o pasado 30 de agosto, e rexistrou máis de 450 peticións procedentes de 52 concellos lucenses. Según explicaron os responsables deste plan, o elevado número de solicitudes dá conta da necesidade deste programa. Deste xeito, centos de familias e empresas lucenses afincadas no rural poderán acceder a un servizo de internet realmente operativo, mentres que ata o de agora estaban a pagar por un servizo do que non dispoñían realmente, como apuntou no seu día durante a presentación do plan Carlos López Arias, veciño de San Martiño de Castro, no municipio de Paradela.

“SATISFACCIÓN” DOS RESPONSABLES DO SATELÍZ@TE

As máis de 450 solicitudes que recibiu o plan Satelíz@te cumpriron as expectativas dos promotores. “Estamos moi satisfeitos coa marcha do Satelíz@te”, explicou o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, “porque exemplifica a liña na que queremos seguir traballando”, e que se centra en “estender o uso das novas tecnoloxías na provincia, mellorando a calidade de vida dos nosos veciños e fortalecendo o tecido empresarial”. Estas medidas terían como consecuencia directa “a creación de emprego e a fixación de poboación no rural”, suliñou Besteiro.

LUGO, TERRA CHÁ E A MARIÑA, AS QUE MÁIS SOLICITARON O SATELÍZ@TE

Según informaron dende o organismo provincial, a comarca de Lugo foi o territorio onde máis solicitudes se realizaron para a conexión a internet vía satélite, cun total de 142 peticións. Un exemplo do éxito desta iniciativa nesta zona son as 75 solicitudes que se enviaron só das parroquias do concello de Lugo. Pola súa banda, a Terra Chá contou cun bo número de interesados nesta iniciativa tecnolóxica, cun total de 87 peticións rexistradas. Pola súa banda, A Mariña tamén aportou un considerable número de solicitudes, chegando ata as 66 peticións. En canto a concellos, o de Lugo foi o máis destacado en número de rexistros para participar no plan Satelíz@te. Asimesmo, Palas de Rei contou co 56 peticións, Cospeito rexistrou 35, e Xove 22. Pola súa banda, Valadouro e Outeiro de Rei emitiron un total de 19 solicitudes cada un, mentres que Friol contabilizou un total de 18.

INTERNET DE CALIDADE ANTES DE QUE REMATE O ANO

Durante o mes de setembro, o organismo provincial procederá ó estudo da documentación presentada polos solicitantes, e emitirá a finais deste mes o listado de beneficiarios. Os responsables do plan Satelíz@te teñen previsto realizar a instalación dos equipos de conexión a internet vía satélite entre outubro e novembro, para que os usuarios poidan dispoñer deste servizo totalmente operativo antes de fin de ano.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O parque de bombeiros de Monforte reforza as súas dotacións materiais

Seguinte Nova

Mocións do BNG sobre vaga de lumes forestais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: