Quiroga, capital da poesía

Máis dunha vintena de creadores participaron no XV Encontro de Poetas no Val de Quiroga

A Casa da Cultura quiroguesa acolleu, o pasado 31 de agosto, o Encontro de Poetas no Val de Quiroga, organizado polo grupo poético Amencer Quirogués e o Concello de Quiroga, e que acadou este ano a súa decimoquinta edición. Os poetas locais Xesús Galán e Pepe Pol actuaron como anfitrións do evento, que contou coa participación de Martina Campos como pregoeira deste Encontro, nun acto amenizado polo cantautor Javier Sotuela. Con este evento, dende o Concello de Quiroga queren fomentar o interés pola literatura en xeral e pola poesía en particular, dando ocasión tamén ós creadores para dar a coñecer os seus traballos. Os participantes foron agasallados cun pequeno detalle ó remate do encontro.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A aldea quiroguesa de A Seara, esceario da entrega dos premios Alecrín 2013

Seguinte Nova

Máis de 100 rapaces e rapazas participaron nos Campamentos de Verán de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio