San Clodio estrea espazo cultural coa apertura do novo concello

•O novo edificio conta cun Salón de Actos con capacidade para 150 persoas, e co que se soluciona unha importante deficiencia de instalacións culturais do municipio •Tamén se melloran os espazos de atención ós veciños •A Escola de Música ocupará o soto do novo edificio, mentres que a ludoteca e a biblioteca irán para o antigo concello •Alí tamén disporán de espazo as asociacións e colectivos que utilizaban o colexio vello

O renovado aspecto que presenta a Praza Maior de San Clodio, logo da apertura do novo edificio consistorial. EC

A veciñanza de Ribas do Sil xa dispón dunhas dependencias culturais modernas e axeitadas á dinámica social deste municipio. Durante as pasadas Festas Patronais tivo lugar a inauguración do novo concello, que alberga un Salón de Actos cun aforo de 150 persoas, “algo que permitirá disfrutar de obras de teatro no inverno, tema moi demandado aquí e que ata agora era imposible”, explica Miguel Sotuela, alcalde de Ribas do Sil, que está satisfeito por ter rematado este proxecto que se remonta ó ano 1998, cando o actual equipo de goberno chegou á alcaldía. “Non había case oferta cultural, nin espazos para desenvolvela, así que logo do derrubamento da Casa do Secretario fomos vendo posibilidades, para que o Concello tivera instalacións modernas e suficientes”, puntualiza Sotuela.

Un momento da inauguración do Salón de Actos, situado na planta baixa do novo concello, o pasado 16 de agosto.EC

O edificio, que xa funciona a pleno rendemento dende comezos deste mes, consta de 1.000 metros cadrados distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta, e incorpora un equipo de paneis fotovoltaicos e caldeira de biomasa para facelo sostible medioambientalmente. “Con estas medidas, teremos moito menos gasto enerxético que antes”, suliña o alcalde. Ademais da eficacia enerxética, co novo concello a dispoñibilidade de uso ábrese máis aló dos servizos municipais. “Mans Unidas e a asociación da terceira idade que se reunían no colexio vello farano dende agora no antigo concello, estarán moito mellor que antes”, suliña o rexedor local. A ludoteca e a biblioteca tamén ocuparán as antigas dependencias municipais, mentres que a Escola de Música ten destinado un espazo na planta soto do novo edificio. Según explicou Sotuela, o colexio vello será derrubado para levantar aí a residencia de maiores da Deputación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O termalismo confirma o seu tirón na provincia

Seguinte Nova

Sober, punto de saída da 5ª etapa de La Vuelta Ciclista a España

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: