Actividades extraescolares á carta en Bóveda

•O Concello elaborou unha enquisa ó alumnado, nais e pais do colexio, para saber qué actividades extraescolares lles interesarían

Nenos e nenas de Bóveda contarán este ano con actividades extraescolares “á carta”, logo da enquisa que ven de realizar a delegación municipal de Cultura para coñecer cales son as actividades que máis interesarían ó alumnado e ós seus pais e nais.

CALENDARIO INFANTIL

En canto ás actividades infantís, que se desenvolverán de outubro a maio, xa está programado parte do calendario para o curso 2013-2014. Así, a actividade de música serán os martes para nenos e nenas menores de 6 anos, e os mércores para maiores de 6 anos, ambos grupos en horario de 17,00 a 18,30 horas. Cada sesión terá un descanso no medio, para poder impartir solfeo, instrumento, canto e xogos coa música. Pola súa banda, o programa de conciliación familiar ou ludoteca funcionará os martes para nenos e nenas maiores de 6 anos, e os mércores para menores de 6 anos, ambos grupos en horario de 17,00 a 18,30 horas e cun máximo de 15 alumnos por grupo. Na ludoteca, os rapaces realizarán xogos, manualidades e actividades lúdicas e divertidas sobre o calendario festivo (samaín, nadal, entroido, letras galegas ou primaveira), ademais de facer os deberes. Por outro lado, as clases de danza galega serán os venres de 17 a 18 horas, e as de deporte os xoves no mesmo horario.

XÓVENES, ADULTOS E MAIORES

Tamén de outubro a maio desenvolveranse as actividades para o público non infantil, con clases de música e instrumento tradicional galego os xoves de 18 a 19 horas, e banda de gaitas os sábados de 16 a 18 horas. O obradoiro de memoria de Bóveda será na biblioteca os martes de 11,30 a 12,30 horas, e o da oficina do Campo da Feira será á mesma hora os venres. Ademais, está aberto o prazo de inscripción do curso de informática e internet para traballadores en activo, que organiza o Concello de Bóveda e Xóvenes Agricultores. O curso será do 15 ó 31 de outubro, de luns a venres de 20,15 a 22,45 horas na Casa da Cultura.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destina 800.000 euros para dinamizar o rural a través do aforro enerxético e enerxías renovables nos concellos

Seguinte Nova

O alcalde de Bóveda esixiu á Deputación que colabore economicamente para mellorar o suministro de agua

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio