Comezou en Escairón a xira do documental “Asolagados”, do chantadino David Vázquez

O director do documental, o chantadino David Vázquez, nun momento da súa intervención antes do pase do filme no Círculo Saviñao, acompañado polo presidente da sociedade recreativa, Enrique Sampil. (Foto cedida).

O 14 de setembro, o Círculo Saviñao acolleu o inicio da xira do documental “Asolagados”, dirixido polo chantadino David Vázquez. O filme reflexiona sobra a desaparición baixo as augas do encoro de Belesar dunha parte da historia e da paisaxe das terras de Chantada, O Saviñao, Taboada e Portomarín. Logo da proxección, os asistentes puideron dialogar co director, e no coloquio participaron tamén varios membros do equipo técnico e afectados pola construcción do salto de Belesar. A seguinte proxección tivo lugar no Salón de Actos de Taboada, o pasado día 21, e o equipo de produción xa prepara novos pases do filme noutras vilas. (Fotos cedidas).

Numeroso público asistiu no Círculo Saviñao ó pase do filme «Asolagados», o pasado 14 de setembro. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alcalde de Bóveda esixiu á Deputación que colabore economicamente para mellorar o suministro de agua

Seguinte Nova

O comercio de Sarria, cos nosos maiores

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: