A Área de Xuventude do Concello de Quiroga organiza un taller de scrapbook gratuíto, onde se realizará unha páxina composta de fotos, adornos e papeis de scrap,layout e un álbum completo utilizando diversas técnicas de estampación. Ademais, o Departamento de Educación organiza clases de piano e guitarra na Casa da Cultura, por 15 euros mensuais. Haberá unha reunión informativa o mércores 2 de outubro ás 20,30 horas. Os interesados poden obter máis información no teléfono 982 435125.