O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra organizou unha estadía de catro xornadas para amosar a catro dos blogguers de turismo máis seguidos en internet, así como a dous técnicos da prestixiosa web Minube, as potencialidades da Ribeira Sacra e que eles difundan a súa experiencia a través das canles dixitais. Os blogguers Miguel Egido, Adrián Rodríguez, Miguel Michán e Jesús Martínez, así como o corresponsal de Minube Ignacio Izquierdo, co cámara Guillermo Mendo, estiveron acompañados pola xerente do Consorcio e unha guía turística profesional, para ilustrarlles acerca dos puntos BIC visitados.•