José Antonio García repite como presidente do PP de Sarria

O equipo presentado por José Antonio García para dirixir o traballo político da agrupación local do Partido Popular de Sarria. (Foto cedida).

O último congreso local do Partido Popular de Sarria, celebrado o 13 de setembro, respaldou a reelección como presidente desta agrupación política ó actual alcalde, José Antonio García, que accedera a esta presidencia no ano 2008. García estivo acompañado polo presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, quen cualificou ó rexedor sarrián como “un claro exemplo dun alcalde comprometido co partido e cos veciños, que dá a talla, está á altura das circunstancias, exercendo unha gran labor de rexedor”.

MEMBROS DA CANDIDATURA VOTADA PARA DIRIXIR O PP SARRIÁN

José Antonio García liderou unha candidatura integrada por un total de trinta membros, que se define como “variada e coa que dá atención tanto aos diferentes sectores do municipio como das parroquias”. Como membros da xunta directiva, con cargo de vogais, atópanse Antonio López Rodríguez, Francisco Pérez González, Mariana de Jesús Fernández Castro, Manuel Sangil Iglesias, Manuel Valiña López, Patricia Castro Tejada, Noelia Díaz Bruña, Luís Álvarez Rey, Jorge Campos Díaz, Eliseo López Páramo ou Jesús Valcárcel Pallares. A lista do equipo do Partido Popular de Sarria integra ademais a Carlos López Fernández, Cruz Castro López, Ismael Torres Balboa, Simeón Alfonso Gonzales Santiago, Victoria López Díaz, Carlos Álvarez Tejedor, María Teresa Limerez Darriba, Diego Fernández Álvarez e Belén Golas Armesto. En canto aos membros natos, están Fernando Carlos Rodríguez, Jaime Íñiguez Martínez e Mario Castro Díaz, de Novas Xeracións do PP local.

José Antonio García, licenciado en Dereito, entrou como edil en Sarria no ano 1999, foi alcalde entre 2003 e 2007, e deputado autonómico en 2009, acta que abandonou para presentarse ás eleccións municipais de 2011, onde gañou por maioría absoluta. García é vogal da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias e representante no Comité Asesor de Patrimonio do Camiño de Santiago.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Centro do Viño de Monforte acolleu unha cata de uvas

Seguinte Nova

335.000 euros de investimento provincial para as dotacións públicas no rural da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: