Medio Ambiente rematou as tarefas de conservación fluvial en máis de 15 quilómetros dos ríos Lor e Sardiñeira

Según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou neste mes as tarefas de conservación de 15,5 quilómetros destes dous ríos, en tramos situados no sur lucense. Os traballos contaron cun presuposto de 12.173,70 euros, cofinanciados cos fondos Feader, e afectaron a 7,5 quilómetros do río Lor, dentro da zona do Courel, e a preto de 8 quilómetros de varios treitos da conca do río Sardiñeira, ata a desembocadura no encoro de Belesar. Realizouse a limpeza da vexetación arbustiva nas marxes e no leito dos ríos, así como á poda de árbores e arbustos, retirada de árbores e restos diversos que puidesen provocar riscos ou taponamento do caudal. Asimesmo, prevíronse pequenas actuacións para a mellora das beiras fluviais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

El Centro Médico-Estético Tempus organiza en Monforte una conferencia sobre “Salud y Belleza”

Seguinte Nova

Os nacionalistas de Chantada esixen a nulidade da débeda municipal polo Plan de Pagamento a Provedores

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: