O CCU de Monforte asina un convenio de colaboración con Novagalicia Banco

Pulo ó comercio asociado

A presidenta do CCU de Monforte, Mª José Senra, e o director territorial de Novagalicia Banco para Lugo, Juan Carlos Carneiro Caneda, durante a firma do convenio de colaboración na sede da asociación de comerciantes en Monforte. (Foto cedida).

O 25 de setembro, a presidenta do CCU Monforte, Mª José Senra, e o director territorial de Novagalicia Banco para Lugo, Juan Carlos Carneiro, asinaron un convenio de colaboración polo que se establece unha mellora das condicións do comercio asociado en relación á suscrición de pólizas, préstamos, tarxetas e outros produtos financieros emitidos por esta entidade. “Este convenio amosa o compromiso de Novagalicia Banco co tecido económico do seu entorno, é unha ferramenta ó servizo das necesidades específicas dos profesionais do comercio”, sinalou Carneiro.

VANTAXES DE ESTAR ASOCIADO

Pola súa banda, a presidenta do CCU, María José Senra, valorou moi positivamente a acordo alcanzao coa entidade, «que permitirá facilitar o día a día dos comerciantes asociados nunha época de dificultades económicas». Este convenio vai na liña doutros acordos asinados polo CCU con outras compañías e entidades, como de telefonía ou enerxéticas, co obxectivo de fomentar e fortalecer a actividade do pequeno comercio en Monforte. Neste caso, o feito de estar asociado permite acceder a ofertas que beneficien de xeito individual a cada establecimiento según as súas necesidades.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os cortes no suministro de auga en Monforte levantan a polémica política

Seguinte Nova

A Xunta considera á muller “clave” para o desenvolvemento e a innovación no eido rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: