O comercio de Sarria, cos nosos maiores

•ACES-CCU de Sarria entregou os vales de compra ós afortunados no sorteo celebrado na X Festa dos Maiores •Os vales, de 30 euros cada un, poderán facerse efectivos mercando nos establecementos asociados ata o 24 de outubro

Algúns dos afortunados acudiron á entrega dos vales de compra sorteados na X Festa dos Maiores, por cortesía da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria- ACES. (Foto cedida).

O pasado 24 de setembro, os responsables da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Sarria (ACES-CCU de Sarria) fixeron entrega dos cinco vales de compra sorteados na X Festa dos Maiores, celebrada recentemente en Sarria.

CINCO AFORTUNADOS

Elena López López, Sabino Rivera Vázquez, Mª Teresa Gómez López, Fermín Benigno Rodríguez Marón e Fermín López López foron os agraciados no sorteo, e poderán gastar os trinta euros de cada vale mercando ata o 24 de outubro nos establecementos asociados a ACES.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezou en Escairón a xira do documental “Asolagados”, do chantadino David Vázquez

Seguinte Nova

El Centro Médico-Estético Tempus organiza en Monforte una conferencia sobre “Salud y Belleza”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: