O Gimnasio Neka reforza a súa oferta de actividades

Yoga, Zúmbale, Danza do Ventre e Ludogym a partir deste curso

Ademais, socios e usuarios poden disfrutar das instalacións de spa e musculación en horario continuado de luns a venres, e de mañá e tarde sábados e festivos

O spa, a sauna e a sala de repouso do Gimnasio Neka, tamén con baño turco, son a fórmula idónea para unha terapia de relax. EC.

 

Sala de repouso do Gimnasio Neka. EC.

Poñer en forma o corpo e a mente disfrutando das mellores instalacións é a opción que ven desenvolvendo o Gimnasio Neka nos últimos tempos, cun espazo totalmente renovado que ofrece un servizo único na comarca de Lemos. Ximnasia, aerobic, Fitness gym ou boxeo son algunhas das actividades que ofrece este complexo deportivo, sempre en constante innovación. Para este curso, socios e usuarios poderán disfrutar de novidades como Yoga, Ludogym, Danza do Ventre e Zúmbale, ademais de seguir fomentando a excelente canteira de taekwondo, dirixida polo xerente de Neka, José Mª Vega.

Sauna do Gimnasio Neka. EC.

RELAX E MUSCULACIÓN

O gimnasio situado no número 73 da monfortina rúa de San Pedro conta cun espazo adicado ós beneficios da auga, integrado por spa, sauna, ducha nebulizada, baño turco, ducha escocesa e sala de repouso, adicado a todos aqueles que queiran darse un agasallo relaxante. Para os que buscan traballar o corpo e a posta a punto física, o Gimnasio Neka dispón dunha completa gama de máquinas aeróbicas e de musculación.

O Gimnasio Neka ofrece as mellores instalacións para conseguir o maior rendemento físico, na sala de musculación. EC.

 

Sala aeróbica do Gimnasio Neka. EC.

HORARIO CONTINUO

Como calquer momento é bo para poñer o corpo en forma, o Gimnasio Neka ofrece un horario continuado de luns a venres, de 8,30 a 23 horas, e os sábados e festivos de 10 a 14,30 e de 16,30 a 20,30 horas.

A oferta de actividades do Gimnasio Neka desenvólvese nun amplo espazo perfectamente acondicionado. EC.

Ademais, ó longo da semana impártense diversas actividades para todos os gustos e idades: ximnasia de mantemento, taekwondo infantil, xuvenil e para adultos, e tamén iniciación; aerobic, ximnasia forma, Ludogym, Fitness Gym, boxeo, yoga, Zúmbale, danza do ventre (en nivel iniciación e avanzado), e ximnasia deportiva. Unha completa oferta de ocio, benestar e deporte para disfrutar toda a familia.•

Confort e funcionalidade van da man no Gimnasio Neka, para ofrecer a máxima comodidade ós usuarios. EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Gurús do turismo dixital, de ruta pola Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Renovación no Goberno municipal de Quiroga

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: