Os nacionalistas de Chantada esixen a nulidade da débeda municipal polo Plan de Pagamento a Provedores

O grupo nacionalista na Corporación local de Chantada presentou unha moción esixindo que o Pleno considere “ilexítimos” os intereses contraídos polo Concello de Chantada co Banco de Santander polo capital de 2.637.536,44 euros prestados no marco do Plano de Pagamento a Provedores 2012 do Ministerio de Facenda “onde se aplican intereses do 5,%, cuns intereses a 10 anos de 842.569 euros, por cartos públicos que esa entidade financieira acadou a intereses inferiores ou iguais ao 1%”. Asimesmo, propón ó Pleno que inste ó Goberno municipal chantadino a “cuantificar e emprender as accións legais necesarias para acadar a nulidade desta débeda ilexítima”. Os nacionalistas argumentan que “a reestructuración da débeda e os finiquitos son prácticas recoñecidas na lexislación internacional”, e que “a ONU recomenda que as lexislacións nacionais contemplen as causas de ilixitimidade da débeda”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medio Ambiente rematou as tarefas de conservación fluvial en máis de 15 quilómetros dos ríos Lor e Sardiñeira

Seguinte Nova

O Centro do Viño de Monforte acolleu unha cata de uvas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: