Reciclaxe de ordenadores para familias con dificultades económicas en Monforte

A Concellería de Benestar social do Concello de Monforte, en colaboración co IES A Pinguela, desenvolverá un proxecto de recollida, reciclaxe e doazón de equipos informáticos ás familias con fillos e fillas con dificultades económicas da localidade. A iniciativa, que partiu do Departamento de Informática do IES A Pinguela, iniciarase cunha campaña cidadá de recollida de equipos informáticos en desuso co fin de reparalos e finalmente doalos. Estas accións realizaranas un equipo de alumnos e alumnas de 1ºde Bacharelato da materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, baixo a supervisión do seu profesor. Tamén porán en marcha un blog onde a cidadanía poderá seguir a evolución do proxecto. Pola súa banda, o Concello comprométese a colaborar, coordinar e divulgar o proxecto, e a valorar a situación daquelas persoas susceptibles de ser beneficiarias do mesmo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentadas as primeiras accións do programa europeo «Mocidade contra a violencia de xénero»

Seguinte Nova

A exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López estará en Lugo durante o San Froilán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: