Sarria organiza as Actividades de Conciliación para este curso

Comezan o 1 de outubro na Escola Infantil, e o 7 no colexio Frei Luis de Granada

A Escola de Educación Infantil de Sarria acollerá este curso o seguinte calendario de actividades: teatro/musicais/danza moderna (luns, 16,45- 18,00 h., 39,61€/ano); manualidades (martes, 16,45- 18,00 h., 39,61€/ano); inglés (mércores, 16,45- 18,00 h., 39,61€/ano). O servizo de Madrugadores funcionará de luns a venres de 8,00 a 10,00 h., cun prezo de 39,61€/ano. A actividade de informática básica celebrarase os luns de 17,30 a 18,45 h. na aula CeMIT (no baixo lateral da Casa da Cultura), cun prezo de 39,61€/ano. O Colexio Frei Luis de Granada acollerá as seguintes actividades: baloncesto (luns e mércores, 17,20-18,30h, 39,61€/ano, xestionado polo C.B.Sarria); inglés (martes, 17,20-18,45h, 39,61€/ano); informática básica (xoves, 17,20-18,45h,39,61€/ano); teatro/danza/musicais (venres, 17,20-18,45h, 39,61€/ano). O servizo de Madrugadores funcionará de luns a venres de 8,00 a 10,30 h., cun prezo de 39,61€/ano. As inscripcións en todas estas actividades deberá realizarse na OMIX do Concello de Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monumento a un pobo

Seguinte Nova

Cursos de inverno en Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: