60.000 euros para a posta en marcha do Centro Cívico e Social de Monforte

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Benestar, Antonio Veiga, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, trala sinatura do convenio para o Centro Cívico e Social da cidade do Cabe. GPVL.

Esta achega da Área de Benestar da Deputación de Lugo ó Concello de Monforte farase efectiva logo da sinatura do convenio o pasado 13 de setembro entre o organismo provincial e o Consistorio. Según explicou o vicepresidente provincial, o nacionalista Antonio Veiga, o convenio permitirá dotar ó Centro de todo o equipamento e recursos necesarios “para acadar un espazo onde as persoas maiores gocen do seu ocio e tempo libre, creando un ambiente idóneo para a realización de actividades de estimulación cognitiva e sensorial, así como obradoiros de psicomotricidade, o que axudará de cara á prevención de situacións de dependencia”.

Veiga precisou que o Centro Cívico e Social de Monforte desenvolverá, gracias a este convenio, un amplo programa de actividades dirixidas ós nosos maiores, que inclúen talleres de mantemento físico, taichi, aquagym, obradoiros de manualidades, talleres de memoria, pintura, teatro, informática, así como charlas coloquio sobre envellecemento saudábel, intelixencia emocional ou reciclaxe de medicamentos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

AFAMON celebrou o Día Mundial do Alzheimer

Seguinte Nova

O PP pide que os pacientes oncolóxicos do sur lucense reciban a quimioterapia no Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: