A Deputación termina os traballos de rebacheo en setembro

As últimas actuacións en Taboada veñen a completar as melloras efectuadas en todos os concellos do sur de Lugo ó longo dos meses de verán

Un momento dos traballos de rebacheo en viais provinciais situados no término municipal de Taboada. GPDL.

Según estaba previsto no calendario de actuacións do servizo de Vías e Obras da Deputación de Lugo, o Plan de Rebacheo na rede de estradas de titularidade provincial estará rematado no mes de setembro. Asimesmo, as últimas actuacións no Concello de Taboada completarán a mellora dos viais proviciais no sur de Lugo, que afectaron a todos os concellos das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, e que suporán a mellora de máis de 700 quilómetros nesta zona. A nivel xeral, serán preto de 3.200 os quilómetros que ó longo de toda a provincia foron acondicionados dentro do Plan de Rebacheo deste ano.

Un operario remata o arranxo do firme nunha estrada provincial de Lugo. Arquivo EC.

MANTEMENTO DA REDE DE ESTRADAS PROVINCIAL MÁIS EXTENSA DE ESPAÑA

En relación a estas tarefas, dende o organismo provincial insisten nas dificultades de mantemento dunha rede provincial con 4.200 quilómetros de estradas, a máis extensa de España. Para a realización destas actuacións, os técnicos que organizan os traballos teñen en conta tamén as condicións climatolóxicas de cada zona. Asimesmo, dende o servizo de Vías e Obras da Deputación lembran que a institución provincial realizou anteriormente outras melloras no firme destas estradas colocando sinalización, ou acondicionando con aglomerado en quente máis de 1.000 quilómetros. Esta última actuación permite, según explican os responsables provinciais, unha maior durabilidade do firme, co aforro que supón ó limitar os posteriores traballos a puntos concretos ou a incidencias rexistradas en cada temporada.

O acondicionamento do firme durante os meses de verán resulta fundamental para garantir a seguridade vial cara ó inverno. Arquivo EC.

ACTUACIÓNS ESTABLECIDAS SEGÚN AS DEMANDAS DOS VECIÑOS EN CADA PUNTO DA REDE VIARIA

Según explicaron os responsables provinciais, a dirección dos traballos está orientada a responder ás necesidades detectadas polos veciños, que dan conta dos puntos quilométricos onde se manifesta o deterioro do firme, para trasladalo ó departamento correspondente do seu municipio, dende o que se fai chegar o estado da situación ó organismo provincial. Deste xeito, ponse en marcha o equipo de obras provincial, que está composto por 50 operarios, provistos dun total de 32 máquinas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP pide que os pacientes oncolóxicos do sur lucense reciban a quimioterapia no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

Apertura oficial do curso escolar en Pantón

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: