
O 21 de setembro, coincidindo con esta efeméride mundial, os responsables da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte (Afamon) instalou na rúa Cardeal unha mesa informativa para trasladar á veciñanza as actividades da asociación, ademais de ofrecer información sobre esta enfermidade, con entrega gratuíta de manuais para cuidadores de persoas con Alzheimer. Ata novembro, Afamon está a realizar charlas informativas e de sensibilización polos concellos da comarca, dirixidas a familiares coidadores de enfermos de Alzheimer.