Alumnado e docentes do CEIP Monte Baliño disfrutan este curso de diversas melloras nas instalacións do centro
O pasado 11 de setembro, os 45 alumnos e alumnas que cursas estudos no CEIP Monte Baliño de Pantón recibiron a visita da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que escolleu este centro educativo do sur lucense para a apertura oficial do curso escolar 2013-2014. Arias, acompañada polo alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, percorreu as instalacións do colexio público de Pantón e deu a benvida ás aulas ó alumnado para este curso que comeza.
RAQUEL ARIAS: «O RATIO DE ALUMNOS POR MESTRE NO SUR DE LUGO SITÚASE MOI POR DEBAIXO DA DO CONTEXTO ESTATAL»
A delegada territorial da Xunta en Lugo aproveitou a visita ó colexio de Pantón para lembrar que a Consellería de Cultura e Educación «está a cubrir as necesidades»do alumnado en todos os centros da zona sur lucense, e precisou que o ratio de alumnos por mestre nestas terras «sitúase moi por debaixo da que existe no contexto estatal».
110.000 EUROS EN MELLORAS NOS CENTROS DO SUR LUCENSE
Asimesmo, Raquel Arias destacou «o esforzo realizado polo Executivo autonómico para modernizar os centros do sur de Lugo», nos que, según precisou Arias, o Goberno galego investiu en melloras un total de 110.000 euros nos últimos meses. A delegada territorial da Xunta en Lugo coñeceu directamente os traballos de reforma acometidos no colexio Monte Baliño de Pantón, no que procedeu á reforma e modernización da cociña, comedor e dos baños, «facilitando así unha mellora das condicións do centro, da que se beneficiaron os 45 alumnos deste colexio».
38% MÁIS DE CENTROS PLURILINGÜES
A delegada territorial da Xunta en Lugo destacou asimesmo o incremento nun 38% dos centros plurilingües na nosa provincia, coa incorporación de cinco novos centros a esta rede. Ademais, as seccións bilingües permitirán este ano, según explicou Arias, incluír a un 35% máis de alumnos que o curso pasado.