Medela agradeceu o investimento da Xunta contra o abandono escolar en Chantada

Máis de 13.000 euros destinados a este municipio

O presidente do PP de Chantada, Javier Rodríguez Medela, durante o último congreso da agrupación local o pasado mes de xuño, acompañado de José Manuel Barreiro e Susana López Abella. (Foto cedida).

A consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de destinar 13.160 euros ó municipio de Chantada para o financiamento, apoio e potenciación de programas contra o abandono escolar. En relación a este anuncio, o presidente do Partido Popular de Chantada, Javier Rodríguez Medela, manifestou publicamente o seu agradecemento á Xunta de Galicia por esta “importante achega para impulsar as actividades de apoio ó alumnado neste municipio”.

DIVERSOS PROGRAMAS CONTRA O FRACASO E O ABANDONO ESCOLAR

Medela explicou que o obxectivo destes programas é incidir sobre as causas do abandono escolar, e con esta finalidade esta achega económica da Xunta inclúe apoios para o alumnado de terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obligatoria, para programas de cualificación profesional inicial e tamén para que aqueles mozos e mozas que xa non están no sistema educativo poidan prepararse as probas de obtención dos distintos títulos oficiais, tales como o graduado en educación secundaria obrigatoria ou estudos de formación profesional de grao medio e/ou de bacharelato.

SERVIZO MUNICIPAL PARA ATENDER Ó ALUMNADO

O presidente dos populares chantadinos destacou asimesmo que estas axudas tamén permitirán impulsar un servizo municipal para atender o alumnado con menor motivación e capacidade para aprender, de xeito que se lle ofrezan respostas adaptadas ás súas posibilidades e intereses, coa finalidade de diminuír o risco de abandono ou desinterese, e de prepararse para as probas de graduado en ESO.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López estará en Lugo durante o San Froilán

Seguinte Nova

Os nacionalistas de Chantada esixen explicacións sobre a contratación dos monitores das actividades de verán

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: