Medio centenar de préstamos no I Programa de Préstamo de Libros municipal de Monforte

Promovido pola Concellería de Benestar Social de Monforte e as comunidades educativas dos CEIP Monforte e A Gándara

A Concellería de Benestar Social de Monforte valorou moi positivamente a acollida do Programa de Préstamo de Libros, que na súa primeira edición realizou 50 préstamos, 33 dos cales corresponderon ó CEIP A Gándara e 29 ó CEIP Monforte. Neste caso, 21 solicitudes corresponderon a préstamos completos, e 7 a unidades soltas, dado que no nivel de 6º de Primaria a demanda foi superior á oferta. Dende Benestar agradeceron a colaboración dos equipos directivos dos dous colexios e das familias que proveeron o fondo de libros. Esta iniciativa trata de paliar as dificultades de familias con menores recursos económicos para afrontar o acceso ó material escolar. O Concello anunciou que realizará unha campaña de sensibilización para fomentar esta prática no vindeiro curso.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apertura oficial do curso escolar en Pantón

Seguinte Nova

O CEIP de San Clodio comeza o curso con “notables melloras”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: