O CEIP de San Clodio comeza o curso con “notables melloras”

Dende este curso conta cunha ampliación da aula de Educación Infantil polo incremento do alumnado, así como a reestruturación e pintado das aulas de Educación Primaria, e melloras funcionais e estéticas no edificio principal. Ademais, o equipo directivo destacou as “notables” melloras nos últimos tres cursos, en referencia á incorporación á rede Abalar, o programa de mellora de bibliotecas escolares, a mellora das instalacións e equipamentos, e unha sección bilingüe para os primeiros cursos de Primaria. En Infantil xa funcionaba o programa PIALE de aprendizaxe de linguas estranxeiras. Neste sentido, o equipo directivo e docente agradeceu á colaboración da Consellería de Educación e do Concello de Ribas do Sil, en especial a Roberto Castro, tenente de alcalde e responsable de Educación, pola súa “constante disposición” a colaborar na mellora deste colexio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medio centenar de préstamos no I Programa de Préstamo de Libros municipal de Monforte

Seguinte Nova

O restaurante Bistró, novo membro da Asociación Amigos da Cociña Galega

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: