O PP pide que os pacientes oncolóxicos do sur lucense reciban a quimioterapia no Hospital de Monforte

O Hospital de Monforte poderá ofrecer atención en quimioterapia para evitar desprazamentos á capital provincial. Arquivo EC.

A deputada autonómica do PP Julia Rodríguez, acompañada dos alcaldes e representantes locais do PP no sur de Lugo, anunciou en rolda de prensa que ven de presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia demandando á Xunta que os enfermos de cáncer da zona sur de Lugo poidan recibir a quimioterapia, “sempre que esté clinicamente indicado e sexa posible”, no Hospital de Monforte. Julia Rodríguez explicou que actualmente entre 60 e 80 veciños desta zona teñen que desplazarse a Lugo para recibir o seu tratamento, “cun importante trastorno non só para o paciente senón tamén para os seus acompañantes”.

Neste sentido, os populares de O Incio levarán ó Pleno municipal unha iniciativa para consensuar cos demais partidos co fin de instar á Xunta a atender ós pacientes oncolóxicos dalgunhas parroquias de O Incio próximas a Monforte neste Hospital Comarcal.

«MÁIS CALIDADE ASISTENCIAL» CO NOVO MODELO DE XESTIÓN INTEGRADA

Pola súa banda, Julia Rodríguez dixo que o novo modelo de integración sanitaria na provincia está a dar “bos resultados, xa que non só non se suprimen servizos, senón que se aumenta e mellora a calidade asistencial e a atención ó paciente”. Rodríguez puxo como exemplos desta mellora a implantación da proba de amniocentesis, o servizo de alergoloxía e a solicitude da ampliación do servizo de quimioterapia como “evidencias das posibilidades do novo modelo de xestión integrada, así como a alarma inxustificada que crearon aqueles que ameazaban co peche e o desmantelamento do Hospital”.

PLADESAPU FALA DE «OPORTUNISMO POLÍTICO» DO PP

En resposta a este anuncio dos responsables locais do Partido Popular no sur lucense, dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte (Pladesapu) calificaron estas declaracións de “oportunismo político” e de “mentira”, xa que, según precisaron, “nada ten que ver a xestión integrada co incremento de servizos, pois hai anos o Hospital aumentou a súa carteira de servizos con especialistas propios con praza en Monforte para cardioloxía, neumoloxía, reumatoloxía e endocrinoloxía, e non se dependía para nada de Lugo”. A voceira de Pladesapu en Monforte, Maribel García, animou á voceira do PP local “a demostrar o seu peso político traendo especialistas en oncoloxía con praza propia en Monforte”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

60.000 euros para a posta en marcha do Centro Cívico e Social de Monforte

Seguinte Nova

A Deputación termina os traballos de rebacheo en setembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: