O restaurante Bistró, novo membro da Asociación Amigos da Cociña Galega

Manuel Fernández, chef do restaurante monfortino Manuel Bistró, posa tras recibir o novo distintivo como membro da Asociación de Amigos da Cociña Galega. (Foto cedida).

A prestixiosa Asociación de Amigos da Cociña Galega, presidida polo cociñeiro Pepe Solla, acolleu a dous novos membros nun acto celebrado en Sanxenxo o pasado 9 de setembro. O restaurante monfortino Bistró, comandado polo chef Manuel Fernández, foi un dos dous afortunados establecementos que pasan a integrar a selecta nómina dos máis senlleiros restaurantes galegos. O Bistró de Manuel Fernández, xunto co Restaurante Lúa, de Madrid, veñen a engrosar a lista na que se inclúen o Vilas de Santiago, Casa Solla de Poio, o Cíes de Vigo, ou o Nito de Viveiro. Buques insignia da cociña galega que buscan ir pasando o relevo a xente nova que, baseándose na cociña galega, trata de ir un pouco máis aló. “Que conten contigo para formar parte desta Asociación é un orgullo moi grande”, explica satisfeito Manuel Fernández, chef do restaurante Bistró; “ver como xente que empezou da nada ata chegar a ser a referencia na cociña galega se fixan en ti é unha grande satisfacción”. O chef monfortino e o seu restaurante entran así na carteira dos establecementos máis representativos da cociña galega, dentro e fóra das nosas fronteiras.

Un momento da entrega do distintivo ó cociñeiro monfortino. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CEIP de San Clodio comeza o curso con “notables melloras”

Seguinte Nova

Os socialistas lucenses critican duramente a política educativa da Xunta

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio