Os nacionalistas de Chantada esixen explicacións sobre a contratación dos monitores das actividades de verán

O grupo nacionalista no Concello de Chantada presentou unha moción para que o Alcalde explique o proceso de contratación dos monitores para as actividades de ocio e tempo libre desenvolvidas entre o 15 de xullo e o14 de agosto. Os nacionalistas lembraron que, con data de 19 de xullo, presentaron un escrito á Alcaldía con esta cuestión, e critican que o Goberno local asinara esta resolución con data de 11 de xullo, «a pesares das advertencias da Secretaría Xeral e da Intervención Municipal».

PIDEN RESPOSTA ÁS «ADVERTENCIAS» PROPOSTAS POLA SECRETARÍA XERAL

No seu escrito, o Grupo nacionalista de Chantada fai alusión ó posicionamento da Secretaría Xeral en canto a este trámite, no que se precisa que » é necesaria a declaración de necesidade excepcional que motive a contratación imprescindible para a presentazón do servizo, mediante a tramitación do oportuno expediente que se describe no informe». Asimesmo, os nacionalistas citan no seu escrito o informe da Secretaría do Concello respecto ó expediente de contratación, onde se indica que «a contratación, que se realizará unicamente en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables, se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais e requirirá a previa e expresa autorización do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas».

PREGUNTAN «COMO E POR QUE» SE REALIZOU ESTA CONTRATACIÓN

Os nacionalistas entenden que «no expediente non figura ningunha destas condición que se teñen que dar para levar a cabo este proceso», e esixen ó Alcalde que aclare no Pleno «como e por que se fixeron as cousas como se fixeron en relación coas advertencias da Secretaría xeral». O grupo nacionalista en Chantada tamén esixe información para saber «de que xeito se obrou para cumprir co principio de publicidade, igualdade, mérito e capacidade que debe cumprir todo proceso de selección para calquera oferta pública de emprego».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Medela agradeceu o investimento da Xunta contra o abandono escolar en Chantada

Seguinte Nova

Setembro acolleu os Encontros de Nais e Pais en Chantada

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio